Ingredientes para 3 persoas:
- 5 ou 6 patacas.
- 5 ovos.
- Aceite de oliva.
- Liscos de xamón e queixo.
Elaboración:
Para comezar, cortamos as patacas en anaquiños.
Seguidamente, poñémolas a fritir nunha tixola con aceite de oliva e esperamos a que se douren. A continuación, engadímoslles os liscos de xamón e queixo. De seguido, batemos os ovos e engadimos o contido da tixola. Finalmente, botamos todo de novo na tixola, volta e volta, e xa temos a tortilla.