O héroe de Springfield

O meu personaxe favorito dos debuxos é Homer Simpson,da miña serie favorita chamada "Os Simpsons".
El é de cor amarela, posúe unha barba e mais dous pelos na cabeza de forma curvada. Ten unha muller, tres fillos e un can de cor marrón, e viven nunha fermosa cidade chamada "Springfield".

As súas cousas favoritas son ver a tele, beber cervexa Duff e ir ao bar do seu mellor amigo, Mou, onde pode falar cos seus compañeiros.

Homer é un pouco nugallán e teimudo, pero sempre está moi ledo a pesar de todo, aínda que ás veces ten problemas e tamén é bastante chafalleiro.