INGREDIENTES:
500g de fariña. Un óso de polo.
4 ovos. Unha pisca de sal.
Un anaco de touciño.
ELABORACIÓN:
ELABORACIÓN:
1. Antes de comezar, pon o óso uns 10 minutos a cocer.
2. A continuación, deixa arrefriar o caldo un día no frigorífico.
3. Ao día seguinte, engade a fariña e os ovos cunha pisca de sal.
4. Agora, pasa o touciño pola tixola para que as filloas non queden pegadas.
5. Para rematar, bota, aproximadamente, un cazo da mestura cando a tixola estea quente.
6. Agora, a comer!