Carta a unha persoa moi especial

Querida Pepa:

Desde que ti marchaches, non ocorreu gran cousa. O máis importante foi que veu un substituto teu, Manuel, que é un bo profesor e unha persoa moi graciosa.

Ademais, tamén se foi Luis, o profe de inglés máis divertido do mundo, xa o sabes. Cando deixaches o instituto, comezamos a botar de menos os teus  "xa!" e aquelas páxinas onde aparecían palabras para memorizar, a canción de Manola, etc...

O que sei é que todos te recordamos divertida, intelixente, graciosa...Espero que nestes 3 meses e medio non cambiases nada .

Un bico,

María