CARTA A PEPA

A Coruña, 8 de xuño do 2017
Estimada Pepa:

Desde o pasado febreiro, cando te fuches, o curso segue igual de ben.
Chegou un profesor novo chamado Manuel, é moi divertido e xunto con Alfonso e Noelia, aprendemos moitas cousas novas.

Ademais da clase de galego, tamén abandonou o instituto o profesor de inglés, Luis. Dábame moita pena a súa marcha (coma a túa), pero fixo unha festa de despedida con comida, bebida e música, pasámolo moi  ben e acordámonos moito do día en que marchaches ti.

Estas semanas de xuño estamos todos un pouco agobiados, temos moitos exames e moito que estudar.
A pesar diso, as notas seguen sendo moi boas e estou moi contenta de acabar ocurso e que chegue o verán.

Unha aperta.

Aroa.