TORTILLA DE PATACAS

Ingredientes
· 4 ovos
· 3 patacas
· un pisco de sal
· un pouco de aceite

Preparación
1. En primeiro lugar, planamos as patacas, unha vez peladas, lavámolas en auga. Cortamos as patacas en anacos máis ou menos pequenos e fritímolas nunha tixola con aceite.

2. Por outra banda, cascamos un por un os ovos nun vaso para comprobar que están en bo estado. A continuación, botamos os ovos nun prato fondo e batémolos.

3. Seguidamente, mesturamos os ovos coas patacas na tixola e esperamos un minuto.

4. Finalmente, dámoslle unhas voltas á tortilla con axuda dun prato máis grande que a tixola para que non caia ao chan.