-Unha comida moi típica no meu país, Romanía. Sobre todo, cómese no Nadal.
-INGREDIENTES:
-1kg de carne de porco picada
-1 ou 2 repolos grandes
- 1 cebola
-1 brick de tomate frito
-500 g de arroz
-follas de loureiro
-especias (pementa e sal).
-MODO DE PREPARACIÓN:
En primeiro lugar, separamos as follas do repolo e fervémolas nunha pota con auga e un pisco de sal.
-Deixámolas ferver 10 ou 15 min. e ao sacalas poñémolas a arrefriar 5 min.
- Picamos a cebola e a continuación fervemos o arroz durante 10 min.
-Despois, collemos a carne e seguidamente, mesturámola co arroz fervido e a cebola picada.
-Facemos unha especie de rulos pequenos con anacos de carne ben mesturada con todo e envolvémolos coas follas de repolo 1 por 1 .
-Poñemos os rulos de carne a ferver en auga cun pouquiño de sal e aos 20 ou 30 min. de ferver engadimos o tomate frito e a pementa negra (ao gusto) e tamén se pode engadir pementón doce.
-Teñen que ferver unha hora ou dúas.
-Pódese acompañar con iogur natural.
E bon apetit ...!