Bocadillo vexetal

               
Ingredientes para 1 persoa

1 baguette.
1 lata de atún.
3 lonchas de queixo.
2 follas de leituga.
1 tomate.
1 maionesa.

Elaboración 

Para comezar, abrimos a baguette pola metade. A continuación, poñemos as lonchas de queixo sobre
unha das metades de pan. De seguido, botamos o atún e por riba as follas de leituga e o tomate.
Para rematar, engadimos maionesa ao gusto e poñémoslle a outra metade enriba.
Listo para comer