Biscoito de iogur

Ingredientes , 4 persoas

- 3 ovos
-1 iogur natural
- aceite de oliva , unha medida do envase de iogur
- azucre: 2 medidas de iogur
- fariña: 3 medidas de iogur
- 1 sobre de lévedo
- 1 limón
- 1 cullerada de azucre moído
- fariña e manteiga para untar o molde
    
      Elaboración
Casca os ovos nunha cunca grande co azucre e bate ben cun batedor.
Engade o iogur e o aceite e sigue batendo . Limpa o limón e rela a casca enriba.
Pasa polo coador o lévedo e a fariña , sobre a amasa e mestura ben.
Unta un molde con manteiga, espolvoréao con fariña e verte dentro a masa. Mete no forno quentádoa a 180 C durante 40 minutos .
Apaga o forno, quita o biscoito e deixa que se tempere antes de quitalo do molde.
Espolvorea o biscoito cun pouco de azucre moído .