A bachata é un xénero musical orixinario da República Dominicana. Considérase un híbrido entre o bolero e outros coma o son, o merengue, o chachachá e mesmo o tango. Até finais do século XX, a bachata fora desdeñada ao se tratar dunha música das clases pobres, recibindo o apelativo de "música de amargue". Así, por exemplo, apenas era escoitada nas estacións de radio. Mais o interese xurdiu a partir da década de 1980, coa expansión dos medios masivos de comunicación, co auxe do turismo, e co esforzo dalgúns compositores que viron que xurdir un xénero diferenciado de expresión do popular. Autores como Juan Luis Guerra e Víctor Víctor nos anos 90, e anteriormente Luis Días nos 80, achegaron unha visión diferente que articulaba esta expresión musical co urbano marxinal. A chegada en masa do turismo á República Dominicana outorgoulle populariade e converteuna nun xénero que penetrou en todos os estratos e espazos do país, espallándose internacionalmente. E ata hoxe en dia seguimos bailando a bachata. Un dos cantantes mais famosos é Romeo Santos.