Pupitres de cocos  
Estudei nun  pupitre de coco
nunha escola onde había palmeiras.
E no recreo ía a tomar o sol
na praia do meu avó.
Aprendín  a escribir nunha clase pequena
de persianas de música.
No encerado nacían fabas e arroz
nos ollos do profesor,
os meus compañeiros eran reggeton
e eu a bachata .
As aguias anegaban
as rúas da cidade,
e tiñamos que montar na bicicleta para salvarnos
ata que tocaba, sempre a tempo,
o timbre do recreo.