en construción



O VIAXE

Se apreto os ollos
os ourizos xa abren,
o vento entre as follas
do bico da serra.


Cando chove
escoita chover,
na terra hoxe
deixa sangue o sol.


A cidade onde
vivo en mar,
e busca a sombra
como blusas de rapaza,
polo cadro da ventá.


Deixádeme libre
nunha escola onde
o mar,todos quedan
en silencio en
primeira persoa.


A Lúa e velliña
nos castiñeiros do val.
Reflexóuse a Lúa,
para conquerir a luz.


Galicia é unha nai,
ela fía i eu confío.
Ama,berra,cintila
e escurece polo albor
do novo día.