O Real Madrid Club de Fútbol é coñecido como Real Madrid. Foi fundado o 6 de marzo de 1902 r na actualidade, conta con máis de 85.000 socios. Xoga na Primeira División dende 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007. Gañou 72 trofeos ( 57 nacionais e 15 internacionais ).