O capitán deste barco roto


Ramón Melendi Espina, máis coñecido como Melendi é un cantante moi coñecido que actualmente traballa como coach no programa "La Voz".

Naceu o 21 de Xaneiro de 1979 en Oviedo (Asturias). Foi á  clase  con Fernando Alonso, ao que lle dedicou unha canción chamada "Magic Alonso".
Melendi afeccionouse ao fútbol e xogou nas categorías inferiores do "Club Astur". Logo traballou en numerosos bares como camareiro movéndose  no mundo da noite e obtendo vivenzas que formarían parte das letras das súas cancións. En 2001, uniuse a un grupo chamado "El bosque de Sherwood e pouco despois, gravou unha maqueta.
En febreiro de 2003, gravou o seu primeiro disco en solitario.
E en decembro sacou dous temas novos, aínda que a súa fama chegoulle da man da Volta Ciclista a España en 2004 coa canción "Con la Luna llena", que foi elixida como tema oficial.
E en maio de 2004, empezou a súa primeira xira.