Historia
En 1892, Konrad Koch, profesor de ximnasia, inventou un xogo moi similar ao balonmán, pero é Max Heiser o considerado como pai do balonmán moderno.
Obxectivo
O obxectivo é conseguir marcar máis goles que o rival na portería contraria, aínda que existe o empate. Para conseguir marcar un gol, os xogadores deben lanzar o balón fóra da área de 6 metros ou saltando dende fóra por encima desta e lanzando antes de caer. Un equipo pode facer cambios ilimitados, pero se non sae pola zona regulamentaria, expulsarase dous minutos.
Campo de xogo
O canmpo mide 40 metros de longo por 20 metros de largo.
Regras
Pódese avanzar co balón nas mans ata un máximo de tres pasos. Nese momento, o xogador pode pasar, lanzar ou botar. A área da portería non pode ser invadida. Se o equipo atacante non demostra unha actitude ofensiva, pitarase pasivo.
Sancións
O balonmán é un deporte de contacto, pero nobre. Se se produce unha falta nunha clara ocasión de gol, son sete metros. Se un equipo acumula tres cartóns amarelos, terá un home menos na pista durante dous minutos.