Lei Xitana

Os xitanos temos moito respecto aos nosos anciáns. Eles son os que nos ensinan os nosos costumes, ensínannos a HONRA para a nosa familia, como temos que facer a pedida de man a unha moza e dinnos que temos que telo moi claro porque iso é para toda a vida.
As fases son: pedida da man, miramento, despois a voda e o axuntamento.
Á pedida da man, para ir, tes primeiro que comentárllelo aos teus pais. Eles, se o ven ben, coméntanllelo aos seus pais(avós), despois van e falan cos pais da moza e os pais, xunto a súa familia, dinche que si estaredes pedidos durante un tempo onde non poderedes durmir xuntos nin facer cousas de marido e muller. Se o facedes, será unha deshonra para as dúas familias pero máis para a da noiva porque non soubo gardarse ata o seu dia.
Cando fan a pedida de man, fan o segundo paso, que é o miramento, que é se fixeron iso. Se o fixeron, xa non pode irse co que quere a pedida da man se non con que o fixo. É o que toda familia espera, iso xa é a HONRA. Se sae no pano que aínda é virxe, pode casar e por iso é unha HONRA.
E por último, a VODA. Grazas a que os noivos esperaron, pódese facer a voda. Alí xa si que son marido e muller, e como emparentaron, o dia da voda, todos os familiares levantan ao noivo e á noiva en sinal de que honraron á FAMILIA.