Estudei nun pupitre de bemoles
nunha escola de sostidos
e no recreo ía pescar
redondas no violín do meu meu avó.
Aprendía a escribir nunha clase
pequena
de persianas de silencios de negra.
No encerado nacían corcheas
e semicorcheas nos ollos do profesor.
Os meus compañeiros eran claves de Fa
e eu unha clave de Sol.
O ritmo allegro anegaba as rúas da cidade
e tiñamos que cantar para salvarnos
ata que tocaba, sempre a tempo,
o timbre do recreo.