Escola onde o azucre

Estudei nun pupitre de regaliz
nunga escola onde o azucre.

E no recreo ia pescar lambetadas
na tenda do meu avó.

Aprendia a escribir nunha clase pequena ,
de persianas de chuches.

No encerado nacian mazás de caramelo ,
e nubes nos ollos do profesor.

Os meus compañeiros eran polvorons e eu un
tiburon de gominola.

O picapica anegaba as ruás da cidade,
e tiñamos que lamber para salvarnos ata
que tocaba , sempre a tempo o timbre do recreo.