BIOLOXIA MARIÑA




A bioloxía mariña é a ciencia que estuda os seres vivos que habitan os ecosistemas mariños, así como a conservación da vida mariña, tanto dos seus elementos biolóxicos como da súa flora e fauna, tamén dos seus elementos da orde física e química do medio acuático. O seu obxectivo é o mantemento integral de todas as especies mariñas e as melloras dos seus recursos.


Máis ca unha ciencia en si mesma tratase duns sistemas de aplicacións doutras ciencias tales como a xeoloxía, a xeografía, a química, a física e a bioloxía, indispensables para o estudo global e correlacionado dos fenómenos que caracterizan o ambiente mariño.