A noite oscura

A luz que producía o raio deu paso ás sombras. O libro do sapoconcho e da ovella que eu lía desapareceu na oscuridade da noite. Dende a súa cuna o meu irmán comezou a chorar. Co pouco que sabía falar, dicíame que houbo un monstruo que se encondía no pozo do parque. Quería comelo! Entón rebusquei nunha mochila o seu conto preferido... En canto rematei a historia, el xa durmía tranquilamente. Cando regresesaba, tropecei co Arco da Vella de xoguete do meu irmán. Entón, a miña mirada desviouse ata a pechadura da porta onde uns ollos enormes como planetas me observaban con malicia...