A SÚA CARA SÓNAME ... BLAS CANTÓ









É un cantante dun grupo chamado Auryn que recentemente se separou. É bastante alto e fraco. Os seus ollos son azuis como o ceo e o seu pelo, loiro.Ten un nariz moi longo e uns beizos moi feitiños.
Está sempre dun lado para outro, é un bulebule; pero non hai día que non estea ledo. É cativador, o seu sorriso deixa pampas a moitas rapazas, incluíndome a min.
Gústalle moito imitar a outros artistas e a verdade é que o fai de luxo; de feito está en "Tu cara me suena" e vai gañando.
Ten moito talento e paréceme unha pena que moita xente non o coñeza.