Oliver Sykes


Oliver Sykes é un cantante, músico e un compositor inglés, máis coñecido por ser o líder vocalista do grupo Bring me the horizon. A idea de ter un grupo foi pensada por este no 2002. A razón desta idea xurdiu cando Oliver asistiu a un concerto da súa banda favorita, e o vocalista animouno a subir ao escenario a cantar unha canción enteira. Ao acabar de cantala, quixo formar un grupo. Actualmente, vive en Reino Unido.
Ten 31 anos e é unha persoa intelixente e amable. Os seus ollos son pequenos e achinados, ten pelo de cor castaña e pel branca.  El sempre dá todo nos seus concertos, e ten unha boa voz.