O Fabulosamente Fabuloso Félix



A persoa, mellor dito personaxe, que vou describir é Félix, da webserie animada: Fnaf Hs, na cal apareceu por primeira vez no capítulo 26 .

Ten unha estatura bastante considerable para a súa idade (dazaseis), é moi fraco, pero aínda que non fai exercicio, ten un corpo atlético

Ten a cara redonda e alongada, (como os demais personaxes), ollos grandes, de cor amarela, coma o mel.


Ten o pelo rosa, máis longo no lado dereito que no esquerdo, cunhas guedellas brancas no lado anteriormente mencionado.

É moi "fabuloso", e ata un pouco afeminado. É moi amable cos seus amigos aos cales coñeceu na escola, onde lles pegaban facían bullying e onde se enfrentou máis dunha vez a uns matóns para defender a o seu mellor amigo Fede, ao cal chama "Bro", é dicir, irmán, aínda que ten algo máis con el.

Gústalle emparellar persoas, sobre todo rapaces, coa súa amiga Abby, e pasar o tempo facendo tonterías co seu grupo de amigos, o cal nomeou "Os Boliños Salvaxes".

É homosexual, "gay", é esa é a razón de que lle pegaran na escola.
Sempre leva unha pulseira cun arcoíris polo anteriormente mencionado.
Co seu Bro, Fede, case sempre usa a frase No Homo.

Él forma parte dunha banda, na cal está cos seus mellores amigos, no cal fan coreografías propias do K-Pop (Pop coreano), e tocan instrumentos, demáis estanse preparando para unha competición de bandas nun evento en primaveira, no cal paticipará, a pesar de que máis da metade do seu instituto vai participar