Ela era case perfecta, adoitaban dicir, os seus cantos abraiaban aos paxaros máis talentosos, a súa beleza superaba á dos cisnes e a amabilidade e amor que tiña volvían tolo a calquer home.
Posuía unha estatura alta con pernas longas como o seu tronco e brazos, tiña un cabelo longo que lle chegaba ata a parte media do lombo.
A súa cara era alongada, con ollos azuis verdosos, nariz chato e un sorriso de meixela a meixela. A maneira de vestir era moderna, con zapatos cómodos, xerseis e pantalóns de chándal.
Era cumpridora, espelida, e moi leda.
Coñecíana polo nome de Andrómeda, semideus da guerra.
DE QUEN É ?
TÍTULO?