A nosa aula



Na nosa aula cada alumno temos un portátil. Podemos traballar todos, e incluso entrar en Internet, sen cable ningún porque hai unha rede sen fíos. Tamén usamos moito o encerado dixital, pois nel pódese escribir co lapis óptico e máis reproducir as imaxes que se envían a través dun proxector.
A información interesante que atopamos e os exercicios e traballos que facemos gardámolos en diferentes arquivadores, para non perdernos nada. Menos mal que temos un contrasinal secreto, para que ninguén poida ver as nosas cousas. Que bo invento isto dos ordenadores.

Marca en negriña o vocabulario da aula
e engade fotografía e enlaces