A actriz de moda

Jennifer Lawrence é unha actriz moi famosa dos Estados Unidos, é de altura media, fraca e de tez branca. Ten o pelo loiro e curto, os ollos de cor marrón coma o mel e o nariz pequeno, a diferencia dos seus beizos, que son rosados e carnosos.
          Ela sempre está leda e é unha moza espelida, pero ás veces resulta algo teimuda. Divírtese moito cos seus compañeiros cando filma unha película,gastando bromas e moitas máis cousas. Películas exitosas polas cales chegou a gañar un Óscar. Tamén é moi mecosa coa súa familia,sobre todo cos seus irmáns.
        
      Gústalle facer o seu traballo porque sempre o pasa ben. Tamén saír a pescar co seu pai e o seu                     irmán pequeno, recordando tempos mozos e cociñar coa súa nai.