Fulano é un rapaz moi participativo e entusiasta, sempre que algún profesor pide un voluntario para facer calquera actividade procura presentarse voluntario. Iso non quere dicir que sexa un fachendoso que pretende presumir do que sabe, porque moitas veces preséntase unicamente coa intención de axudar, aínda sen saber se vai ser quen de facer o que se lle pide. Tampouco o fai para facerlle a pelota ao profesor porque é o primeiro en contradicilo cando non comparte algunha opinión ou en saír en defensa dos compañeiros cando considera que se cometeu algunha inxustiza ou que as notas non reflicten o traballo que realiza cada un. El sempre pon intención.