Esas son as miñas conclusións sobre o obradoiro





Querida Dores, bo día.

Estamos na aula con Pepa e Carmen sacando conclusións sobre o obradoiro que fixemos onte contigo.

Gústame moito como te expresas, pero hai xente que quedou cortada ao empezar tan forte. Creo que deberías empezar co carácter, que tipos de libros che gustan, se che gusta ler, etc. Así poderías achegarte máis e non pillarnos tan nerviosos.

Sobre o mito de ´´Ulises e Penélope´´ ensináchesnos moitas cousas como que Penélope no verdadeiro mito aparece coma secundaria pero ti con poemas de outros escritores Penélope tén un papel moito máis importante. Tamén cada escritor tén un punto de vista sobre Penélope, hai olladas fieles , tristes, fortes, etc.

Os poemas que traballamos parecéronme moi bonitos e elexíchelos moi ben pero algúns són difíciles porque usan un vocabulario diferente, palabras extrañas, pero unha cousa que me gustóu é que teñen ritmo e rima.



Mauro.