en construción

Querida Dores:

Eu sinceramente non esperaba a unha muller tan xoven, esperaba a unha muller maior, duns 50 anos ou asi, e foi unha grata sorpresa que viñeras ti. A verdade é  que tes moita enerxía, e iso impactou un pouco bastante, xa que con esa forza puxémonos nervosos e non soubemos contestar ben. 

Eu sentinme un pouco mal xa que o que verdadeiramente queria contestar en canto a un autor, unha obra e un rasgo meu non o dixen ben. Creo que tes que empezar máis relaxada, porque estamos nervosos e ao mellor poderías empezar "Que tipo de libros vos gustan?" porque é unha pregunta máis fácil de responder que un libro concreto, aínda que ás veces hai nenos que non len e en vez de empezar preguntando iso podes dicir: " Quen le ou lle gusta ler nesta clase?" e os que non levanten a man pois preguntar porque non ou calqueira cousa. Hai milleiros de preguntas coas que empezar un obradoiro de poesía!


En canto aos poemas de Ulises e Penélope creo que é unha boa maneira de ampliar os horizontes, ver polos ollos doutra persoa e darse conta de cousas coma que ...