I.E.S Elviña 26 de maio 2016
Son Iker un dos alumnos de primeiro da ESO aos que deches un obradoiro de poesía. Escríboche porque encantoume a clase e quíxencho dicir e xa que non creo, pero espero, que nos volvamos ver envíoche unha carta. De primeiro encantoume a túa forma de facernos ver as miles de formas nas que se pensa sobre a poesía: maxia, arte, lírico do corazón, sentimentos do autor...
Pero todo hai que dicilo, e o malo é a presentación, é moi larga e pode ser que mentres nos preguntas sobre os nosos autores favoritos, obras literarias preferidas e un aspecto da nosa personalidade os demais púñanse a falar e dificulten a clase. Habería que pensar en solucionalo.
Outra cousa que me gustou moito é a túa paixón pola poesía o que ocasiona nunha clase mais levadeira pois é mellor ter ganas de ensinar, e os alumnos, de estudar, que non ter ganas e facelo todo rápido e aburrido.
De seguro todo o que nos enseñaches sobre a poesía nos será de utilidade se queremos ser poetas de éxito coma ti.
un saúdo:
Iker