CHEA DE ENERXÍA... GRAZAS, DORES POR COMPARTILA CONNOSCO

Querida Dores:
Chámome Martín e son alumno do IES Elviña. Aínda que ti non te acordarás de min eu si me acordo de ti xa que o xoves 27 viñeches darnos unha charla relacionada coa poesía.

Pareceme que che gusta moito o teu traballo xa que disfrutas facéndoo. Ademais parecéchesme unha persoa enérxica debido a que nin parabas de moverte nin te sentaches ao longo de todo o obradoiro.

Gustoume moito a presentación do taller xa que as preguntas pareceronme adecuadas.
Máis adiante pudimos ver como diferentes poetas enfocaban un mesmo mito dunha forma ou doutra. O mito que escolliches neste caso foi o de Penélope que estaba moi ben salvo por que un dos poemas era difícil de comprender.
Creo que falo por todos ao dicir que o obradoiro nos axudou a comprender mellor o xénero lírico.
Por todo isto o taller estivo moi ben pero houbo duas cousas que me encantaron: a decisión coa que dicías as cousas e a forma que tiveches para introducirnos no mundo da poesía. A única cousa que cambiaría seria o número de persoas asistentes ao obradoiro. Pareceume de máis!!!
Aínda así quero felicitarche e animarche a realizar máis talleres coma este. 

P.D: Espero que volvas darnos outro obradoiro.
                                    
                               Martín Trillo Rey