CARTA A DORES TEMBRÁS. LARA SÁNCHEZ NAVEIRA







A Coruña, 27 de maio do 2016

Estimada Dores:

Escríboche esta carta, para darche as grazas polo obradoiro de poesía, que nos gustou moito!

É unha marabilla ter unha ex-alumna do instituto connosco.

Grazas ao teu obradoiro, aprendemos sobre todo na miña opinión a saber darlle importancia á poesía, non sabe o que realmente vale escribir uns versos cando estás triste ou ledo. Tamén aprendemos a facer as pausas e os silencios necesarios, para comprendelas ben.

Xa sabemos que escribir poemas non é doado, ao contrario é moi difícil, pero se os escribes co corazón e escolles as palabras adecuadas, terás éxito, igual que os autores dos poemas que nos deches de Penélope e Ulises. Ambos trataban da mesma cousa, pero cada un tiña o seu punto diferente, e que fai única a historia de esa muller que pasa soa tanto tempo esperando ao seu marido.

Pois ben Dores, dicirche que noraboa!, pola túa carreira, e grazas pola túa maneira de ensinarnos dunha maneira especial como é a poesía, pero sobretodo pola teu empeño.

Moitos bicos Dores. Ata outra!

Att: Lara