SORPRESA ANTE A POESÍA

Querida Dores:
Estou no meu cuarto pensando e avaliando o obradoiro ao que asistimos onte contigo.Se che digo a verdade , creo que deberías de modificar o teu obradoiro xa que nos pareceu un pouquiño complicado polo feito de que as preguntas que nos fixeches eran difíciles.Estabamos moi nerviosos xa que queríamos facelo ben para non quedar en ridículo diante túa.En vez desas preguntas,deberías de poñer outras coma "que tipos de libros che gustan?" ou "estas lendo algún libro agora mesmo?".

O que nos explicaches da historia de Penélope e Ulises sorprendeume moitísimo xa que eu non tiña nin idea desta historia tan emocionante Sobre o tema dos poemas , non teño nada que rechistar , encantáronme !.

 A parte de todo isto téñoche que dar as grazas polo teu esforzo de vir aquí e explicarnos desa maneira tan especial como é a poesía e que significa para ti.
Espero verte pronto , unha forte aperta!

Alejandro García.