MOOOOOOOOOOITOS MÁIS

Estimada Dores:

Son Desirée Suárez, do IES Elviña. Foi unha alegría e un prazer recibir a unha exalumna coma ti, polo que nos contou Pepa tan estudosa e traballadora.
Transmitístesnos a túa emoción, e a paixón que sentes pola poesía e empatizaches moi pronto connosco.   Non son quen de valorarte, pois disto non entendo pero... estou segura de que te mereces os premios que gañaches e moooooooooooitos máis.

A parte de poesía neste obradoiro aprendín que con esforzo un pode conseguir o seu soño. Non serei poeta pero si unha amante das palabras coma ti (o que ti dicías que eran os filólogos). Valoro moi positivamente o obradoiro + +. Tan só amañaría unha cousa, a presentación pois fíxoseme algo longa e creo que poderiamos apreveitar mellor o tempo, xa que esas preguntas serían mellor para un grupo máis pequeno. A pesar disto sentinme cómoda coa túa amabilidade.

Abríchesme os ollos a poesía, a non menosprezala, e a ampliar as oportunidades que lle damos á lectura dos poemas, porque entendo os meses de traballo necesarios para conectar connosco e atopar a palabra axeitada. Tamén me transmitiches a dificultade da escrita, pois pensaba que era doado, tan só era rimar. Que saibas que sempre terás as portas abertas, acórdate do insti neste 20 aniversario da túa saída de Elviña.

Con agarimo.
Desi