CARTA PARA DORES  

  Querida Dores:


             Bo día:

Estamos na aula avaliando o obradoiro que nos diches onte.


Para empezar gustaríame dicirche que na presentación cambiaría algunhas cousas,por exemplo unha delas é cambiar as preguntas do autor e obra literaria favoritos porque como o queremos facer ben poñémonos bastante nerviosos e non nos acordamos,e iso fai que nos cortemos moito para o resto do obradoiro,por iso prefiriría que noutros obradoiros usases outras preguntas como por exemplo que libros che gustan ler,se che gusta ler...Ollo! Que a pregunta dos rasgos pesoais foi moi boa para coñecernos máis.

Cando tocou a parte dos poemas de Penélope e Ulises,o punto de vista de cada poeta mostraba unha Penélope diferente.Iso beneficiou moito o traballo en grupo porque nós despois aportabamos a nosa ollada.Nalgún poema Penélope pasaba de personaxe secundario a principal,noutro era fiel..Iso foi o que máis me gustou do obradoiro.

Agora vou analizar os poemas: Eran bastante apropiados para a nosa idade, pero o vocabulario, algunhas palabras e os puzzles que había facíanos un pouco difíciles. Este é o meu punto de vista.

Un saúdo.
David