Carapuchiña,os Tres Porquiños e Ricitos de Ouro. -Miguel R.M.




Érase unha vez unha nena paseando polo monte, Carapuchiña Vermella. Aquel lugar era fermosísimo : os paxaros cantaban incribles melodias e as formigas deleitabanana cos ritmos que formaban ao camiñar. Ao lonxe oíase oubear a un lobo - Malditos porquiños, queimáronme o cú!- así que tomou un atallo para evitalo.
De súpeto, chego a unha casa de ladrillo, agardou un anaco para segurarse de que ningunha meiga lle ofrecera caramelos. Unha vez dentro notou que tiña moita fame, asomouse a unha das cuncas que había enriba da mesa e ...Puag! , o que tiña dentro era unha comida digna de porcos, asi que preferiu botar unha cabezadiña, procurou acomodarse nuncha esquina, debido a que alguén estrara o chan, non tardou moito en durmirse.
Despertouse e deu un brinco, tres porquiños mirábana fixamente. Ao principio asustouse, pero non tardou en decatarse de que os animaliños non quería facerlle nada malo, é máis, só querian que contrataran os serizos da súa empresa de construcción.
Así carapuchiña e a avoa acabaron por vivir nun chalet, o negocio dos porquiños despegou e, por suposto, foron felices e comeron perdices.