O traxecto de casa ao IES Elviña. Lara

O primeiro que fago despois de rematar de vestirme e de coller a miña mochila, é saír de casa cos ollos medio pechados, e ver o amencer, que máis que un amencer parece un anoitecer, todo está escuro! Sento no coche poño o cinturón, meu pai miña nai e máis eu e, arrancamos!, saio da casa, e o primeiro que vexo é unha gran finca pechada con dous cabalos, continuamos todo recto e á dereita encóntranse unha cafetería, nela sempre hai xente, por moi temprano que sexa!

Uns metros máis adiante cara á dereita atopamos unha perrucaría, pero é algo raro  ao mesmo tamén é bar, pobre señora que traballa alí non para! , cruzamos dúas carreteiras e uns enfrente doutros hai moitos comercios é supermercados, onde normalmente non hai moita xente. Á dereita xunto a casa do concello sitúase un caixeiro. Viramos á esquerda e se miramos hai moitas sinais que indican sobre todo paradas de buses que se atopan coas súas marquesiñas, hai coma unhas catro moi deseguidas douras!

Seguimos uns poucos kilómetros e chegamos a unha rotondda onde viramos cara á dereita e atopamos un semáforo maís un paso de peóns e a maioría das veces é unha coincidencia pero sempre está en vermello. Deseguido entramos na autovía onde indica moi a menudo nunhas sinais que hai que ir a 120 por hora.

Saímos da autovía e hai uns 4 paneis publicitarios, xiramos á dereita, esperamos a que circúen os vehículos e xa entramos no recinto escolar, onde aparcamos alí espero a que soe o timbre para xa volver a empezar un novo día no instituto!