O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ por Miguel R.M. -


Este Nadal regaláronme un Arduino, unha placa de software e hardware libre, ou falando en cristiano unha placa que se pode conectar a todo tipo de aparellos electrónicos, para despois poder controlalos a traves dun programa de ordenador, no cal deberás escribir a instruccións que deberá seguir o Arduino. Pode que vos pareza un pouco complicado, pero asegurovos que despois de un par de proxectos o lenguaxe de programación que debedes de usar os parecera sinxelo.
Tamén tiven a sorte de recibir un Printbot Evolution da empresa española BQ, que é un kit cunha placa moi similar á anterior mencionada e moitos compoñentes electrónicos, para poder crear o noso propio robot! a diferencia  entre os dous é que o produto de BQ é moito mais bonito á vista, xa que ven con  pezas fabricadas pola empresa con impresoras 3D, que encaixan entre si perfectamente, e conta cun programa  moito máis sinxelo.
Por si poñedes en dúbida o potencial deste invento eu, cun par de cables e un pequeno sketch (as instuccións que mencionei antes) fun capaz de facer parpadear un led, e tamen que ao pulsar un boton se encendera. Aunque istos proxectos son moi sinxelos, e podense facer cousas moito mais complicadas e espectaculares.
O mellor de todo é que se a parte de programar non atraeche demasiado, Arduino ten unha comunidade moi grande, polo que tanto se miras na súa web oficial, como en outras páxinas sempre encontraras programas xa feitos para o que queras.
A única barreira é a túa imaxinación!