Martin

Queridos tíos:
Dende que me avisastes de que viñades estamos a preparar a casa dos avós para que vos sintades cómodos.
A ti, tío, que non coñeces a cidade teño pensado levarte a un montón de sitios que de seguro che gustaran, e a tía podera recordar a súa infancia aquí e coñecer todas as milloras destes últimos anos.
Hai uns museos na cidade que son os máis visitados de Galicia e que vos recomendo ver. Un chamase Domus e esta adicado ao home, ten diferentes zonas adicadas as diferentes partes do corpo humano (o olfato, os osos, o adn, ...).Moi preto deste encontrase o acuario Finisterrae onde podes coñecer moitos dos peixes que viven na nosa costa, o aire libre  hai focas e ten unha sala chamada Nautilus onde podes pasar as horas a mirar como nadan os peixes. É moi relaxante!
Tamén temos a Casa das Ciencias no parque de Santa Margarida onde esta ubicado o planetario, ten salas de exposicións, fan experimentos e ten un péndulo de Foucalt. Os tres museos son interactivos así que de seguro que o imos pasar ben.
Vemonos pronto, un abrazo do voso sobriño.