O meu traxecto de casa ao IES Elviña por Miguel R.M.


Saio da casa, xa peiteado, almorzado e acompañado pola miña nai, no frío da mañá empezo a camiñar pola rampla, tendo coidado de non chocar cun farol, sinal ou contedor, e procurando non meter o pé nun sumidoiro ou  fochanca da beirarúa, cousa que non me soe acontecer posto que as bucinas dos coches acaban de despertarme

Viro á esquerda no primeiro paso de peóns (que non está precisamente preto) e subo ao bordo. Sigo pola rampa de novo e métome por unas calellas ( un novo atallo que atopamos hai pouco) . Pronto encóntrome cos meus compañeiros e compañeiras na marequesiña, onde agardamos polo bus.

Unha vez dentro do bus deslúmbranme as luces dos farois que dentro do vehículo parecen intensificarse, baixamos outra rampla (xa sei que parece que nos atopamos en Vigo ) e viramos cara a dereita, para volver a dar unha viraxe esta vez á esquerda na esquina da caixa do correo, continuamos recto mentres miro a nova rúa que pasa por debaixo da nosa . Unha vez chegamos á encrucillada xiramos á dereita (tamén sei que parezco un gps), para entrar no recincto do colexio Alborada e o meu instituto, o conductor fai unha manobra e danos orde de baixar.

Comeza un novo día no IES Elviña.