Imos de compras _Martín Trillo

                                                              Imos de compras


Alicia: Bos días, vimos mercar unha mascota para un amigo.
Vendedor: Bos días, vides buscando algo en singular?
Martín: El dixo que quería un can pequeno.
Alicia: Pero a súa nai dixo que tiña que ser un can que non necesite moitos coidados.
Vendedor: Teño dous que se adaptan as vosas características.
Martín: E cales son?
Vendedor: Vide por aquí. Un é un yorkshire e o outro é un minipixel.
Alicia: Creo que vaille gustar mais o yorkshire.
Vendedor: Vale.
Martín: E ise can, que coidados necesita?
Vendedor: Este can require bañalo, sacalo a pasear dúas veces ao día e darlle de comer.
Alicia: E que comida necesita?
Vendedor: Unha especial para el.
Martín: Pero se o ten que sacar a pasear requerirá unha correa.
Vendedor: Si ,e tamén unha cunca onde deixarlle a comida e outro para a auga.
Alicia: De momento levámoslle o can e o resto que llo compren os demais. Canto custa?
Vendedor: Custa 500 euros pero recordade que hai que levalo ao veterinario xa que ten que levar vacinas.
Alicia: E vostede pode recomendanos algún?
Vendedor: Si, hai un salindo á man esquerda. Ese din que e moi bo e que teñen bos prezos.
Martín: Vale, levamosllo xa?
Alicia: Si
Vendedor: Son 500 euros.
Alicia: Tome.
Vendedor: Moitas grazas pola súa compra.
Martín: Grazas a vostede por atendernos tan ben. Ata logo.
Vendedor: Ata logo.