Como podes vivir sen vir por Miguel.R.M


A Coruña, 21-9-15


Queridos tíos:

Escribovos esta carta para convidarvos a vir a Coruña, e de paso coñecer os nosos museos científicos, que non é por presumir pero son os máis visitados de Galicia.

Estes museos son tan divertidos como orixinais, e a xente que traballa neles non paran de traballar para que  cada vez  que fagas unha visita  aprendas cousas novas, polo que crédeme se vos digo que merece a pena vir desde Madrid para coñecelos. Ademáis como as súas exposicións interactivas son moi interesantes os museos cumpren moi ben o seu obxectivo: Achegar a ciencia a todos os públicos.

Son tres: a Casa das Ciencias, a Domus ou Casa do Home e o Acuarium Finsterrae ou Casa dos Peixes.


A Casa das Ciencias é o máis vello dos tres,  non por iso as suas exposicións son menos incribles, de todos modos se non queres   romper a cabeza coas explicacións das reaccións químicas sempre podes visitar os pitos tan cucos, que sempre estan na súa incuvadora da planta baixa. Ademáis o planetario é unha pasada, encóntrase no alto do edificio, e sempre que o visites quedaras abraiado coas suas impresionantes proxeccións do espazo.

A Domus ou Casa do Home foi o primeiro museo científico adicado ao ser humano do mundo, e os seus módulos de exposión son incribles, indo desde unha máquina que che ensina unha representación de como está a latexar o teu corazón, ata outra na que tes que competir contra outra persoa para ver quen ten máis capacidade de relaxación.

Por último, pero non menos importante o Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes, que ten unha  gran variedade de especies mariñas sorprendentes, eso si, todas galegas.As exposicións son incribles, personalmente a que máis me gusta é a sala nautilus, que está ambientada no famoso submarino do capitán Nemo, as súas paredes son un enorme acuario, no que poderás ver ao tiburoń Gastoń.
          Xa me voume despedindo, que mañá teño un exame moi importante.

          Bicos e apertas
          Miguel.
                                                                                                        
         P.D. Non vos digo nada pero para a semana hai unha ponte.