"OS MEGATOXOS" INVENTAMOS UN NOVO PERSONAXE LARA

                              
                                       CARTA  A  ANXO  FARIÑA
Saúdos Anxo!
Vou escribir isto para decirche unha cousa que oxalá se fixera realiade pero  non creo que sexa posible, de todos modos eu vouno intentar!
Estiven na procura dunha pouca información sobre ti e a túa vida, sei que naciches en Vigo, pero fuches vivir a outro sitio moito máis lonxe, xustamente aos Pirineos.
O que máis me impresionou foi que con 11 anos xa ilustrache o teu primeiro libro, iso é de xente moi soñadora!
Ti sempre quixeches facer a carreira de Belas Artes, pero para iso tiñas que mesturar os teus estudos cun traballo, cousa difícil xa que facelo con 14 anos é moi complicado, eu creo que non o daría feito!
Polo que parece, eras un home moi traballador, xa que con todo o que fixéches, fuche moitas cousas como: montador de espectáculos, monitor de campamentos, profesor de patinaxe, profesor de pintura, guía de montaña e axudante nun centro de menores, cantas cousas!, este último traballo, cambiuche o xeito de ver a vida, pensache que as túas historias podían facer felices a aqueles nenos con problemas.


Por esa razón escribiches historias tales como: " A Chave da Atlántida", "O Xardín de Atenea", "A Ponte", "Castelo de Marbel", "Ti non xogas", " Con Franco nun armario", e unha das máis destacadas, a famosa saga dos "Megatoxos", da cal vou falar agora un pouco... eu lín o primeiro libro, a primeira vista non era que me chamara moito a atención, pero comenzei a léelo e gustoume moito a verdade.
Recordas o que che dixen ao principio deste carta?, dixen, que quería decirche unha cousa se non te recordas, pois vou a iso, que senón empezome a liar e non paro!
A miña profesora de lingua, Pepa, mandoume cando rematara o libro, inventar un novo personaxe, mesturando os catro protagonistas, e saíume este que teño aquí abaixo. Con ese personaxe, oxalá puideras escribir un novo libro, sería un soño feito realidade, sería famosa!, bueno e con isto remato xa che dixen o que tiña que decirche, moitos bicos e unha boa aperta!
                                           
                                                                   Ata outra!              
                                                                                                                  ATT: Lara

              

 Telva Durán: 13 anos. Inqueda, vive coa súa irmá pequena e pode elaborar conxuros máxicos. Ten o poder da natureza, sobre todo o do auga, xa que grazas a que se convertera nun peixe poideron salvar a Faísca antes de que morrera afogado dentro de Drunxel. É moi intelixente xa que coa súa lanza e mais coas súas palabras máxicas, conseguiu facer algún dano a Drunxel. E a mellor amiga de Lúa e sente algo por Ruxe.