UN BÓ VERÁN - JUAN GONZÁLEZ JUSTO


Pasei o verán en Ribeira, foi xenial! Estiven mergullando cos meus amigos cos meus novos lentes de mergullo na procura de maragotas, nécoras e pequenos congos cando hai baixamar. A auga era moi cristaliña e a area moi fina, pero sempre hai alguén que ten que tirar basura na praia...

Imos catro a mergullar e cunha gamela por se hai algún accidente. Unha vez visto a presa subimos a un peirao próximo e cunha liña, intentamos pescalo. Se é escurridizo, baixo do peirao e intentámoo cun pequeno arpón. Cando o sitio era moi profundo poñemos un pequeno croio ou un pequeno chumbo para que o sedal afúndase rápido. Metemos os peixes que pescamos nun caldeiro grande e tomámonos un xeado.

Acórdome de que vimos un gran iate ao lonxe co capitán debaixo dun parasol tumbado nunha hamaca.