A casa dos meus soños sería un chalé lonxe da cidade e preto dun campo. No interior habería dous baños, un salón cunha gran fiestra, tres dormitorios, unha cociña, un comedor e unha piscina climatizada para poder nadar no inverno. No exterior tería un sitio cunha corte para os meus cabalos, unha canceira para ter varios cans, unha horta ou un invernadoiro para as plantas e legumes, ao lado un pombal e enriba del un cataventos. Á esquerda tería unha colmea para ter mel e rodeando a casa un valado cunha cancela.
MOI MELLORABLE