Saída á Casa das Ciencias: Crónica

       Hai pouco tempo fixemos unha saída ao planetario e á Casa das Ciencias. Saímos ás 9.30 do noso IES en dirección ao monte de Santa Margarida.  
        No autobús íamos todos moi contentos porque nos saltabamos as clases de sociais, galego e matemáticas, aínda que facia un pouco de vento e uns nubarróns cubrían o ceo como un manto escuro. 
        Xa no monte, fixemos un pequeno paseo no que algúns botaron unha carreira, outros saudaban a xente e outros íamos conversando. Deime conta de  que hai novas instalacións, como un quiosco, un parque...aínda que as flores seguen estando igual de coidadas, é dicir, fatal... tal vez haxa que esperar pola primavera.
        Cando chegamos fomos directamenete ao planetario, deume a impresión de que o restauraran.
O locutor falounos moito de onde están as estrelas e as constelacións e como distinguilas; mentres uns parecian durmirse outros parecian unha estatua, coa mirada fixa no locutor. A min, persoalmente, gustoume moito.

        Cando baixamos quedámonos nas distintas salas do museo; normalmente observo todas as instalacións destes lugares, pero, como levaba unha tempada longa sen ir a este museo, estiven entretido ata o final.
          Saimos ás 12.10 para o autobús, que estaba situado no mesmo sitio cá ida. Caeunos un bo chaparrón enriba e botamos unha gran carreira ata o bús. Cando chegamos ao IES soou, como se o  tivesen calculado, o timbre do recreo...
León Durán