JUAN GONZÁLEZ JUSTO - A CASA DOS MEUS SOÑOS


A casa dos meus soños sería unha casa de ladrillo grande co mar a carón para pescar, unha cancha para xogar ao fútbol e un pombal. Tería tellado de pizarra e un gran invernadoiro para protexer os cultivos e mais as plantas. Tamén un valado moi alto e unha cancela cunha brilante pechadura de ouro. Unha eira á dereita con sebes altas e mais unha corte para os animais, e unha bufarda na casa para poder vixiar que non se escapen. Non pido moito verdade?