CAROLINA NÚÑEZ TASENDE- Fervanza do Ézaro


                  FERVENZA DO ÉZARO:

          

A fin de semana pasada fun á fervenza do Ézaro coa miña tía e o seu noivo, ademais veu Enzo, o seu can. Comemos en Corcubión e logo tomamos un xeado.
Enzo, que é un galgo, quería correr, así que fomos buscar unha praia na que non houbera moita xente para que puidera correr pola area. A agua estaba xeada, así que só metimos os pés.
Cando Enzo xa estaba canso subimos ao coche e fomos de camiño á fervenza falando e cantando.
Cando chegamos, quedeime impresionada co bonita que era; eu creo que o que máis me impresionou foi a caída, que era moi vertical. Metín unha man na auga que estaba xeada.Senteime nunha rocha e observei a fervenza. Fai máis ou menos un mes e medio.Fun tamén á Costa da Morte a ver o faro de Finisterre.



COSTA DA MORTE:


Atardecer na Costa da morte

A Costa da Morte está situada na provincia a Coruña, Galicia. Abarca dende Carballo ata Fisterra.É famosa polos numerosos naufraxios que aconteceron por esa zona tan perigosa. Algúns dos seus municipos son: Carballo, Malpica,Bergantiños, Laxe, Vimianzo,Camariñas,Corcubión,Cee, Fisterra, Dumbría...

BUSCA ENLACES DE ROTEIROS ARREDOR DESAS VILAS, POR EXEMPLO, OU LENDAS OU ERMIDAS... DESA ZONA... COSTUMES....... QUEPASANACOSTADAMORTE. 







FERVENZA DE ÉZARO:



Fervenza de Ézaro

A Fervenza do Ézaro é a única de toda Europa que ten unha desembocadura no mar. Está situada na Costa da Morte, concretamente no concello de Dumbría. A fervenza está rodeada polo Monte Pindo. Hai uns anos houbo un incendio o cal crese que foi provocado. Moita xente fai piragüismo nesas augas. A fervenza ten unha chea de lexendarias historias. CALES?