¿por qué me apuntei ao club de lectura?
O achado do castro
Este é o libro que menos me gustou, pero non é porque non sexa unha boa historia, se non que é porque a min non me gusta moito ler teatro, facelo encántame, pero lelo non tanto. Éste libro vai dun amor imposible, un mozo e unha moza que se aman pero os seus pais non lles deixan estar xuntos, triunfará o seu amor? este libro, ten un toque cómico. Eu llo recomento a xente a que non lle gusta moito ler porque é unha lectura moi fácil, pero tamén llo recomendo a xente a que lle gusta ler libros graciosos.
Prohibido leer a Lewis Carrol
Este libro en vez de estar en galego esta en castelán. É o segundo libro e un dos que más me gustou. Trata dunha nena obsesionada con Alicia no país das maravillas, a nena ten unha torpe institutriz. Na historia tamén aparecen o tío da nena que a axuda, e os seus pais. O tema é moi interesante a vez que gracioso, pareceme que defende a imaxinación. Eu llo recomendaría a xente que ten moita imaxinación e que lle gusta ler libros graciosos.
Escarlatina: a cociñeira defunta
Moito me gustou, tanto que o rematei a tarde do mesmo día que mo deron. Poucos somos os que o lemos, xa que case máis da metade non o leron por que dician que era moi infantil, tal vez tiñan razón, pero eu se estivera no caso de que un libro non me gusta, o remataria, xa que as veces un final inesperado pode cambiar o teu pensamento sobre o libro e eu creo que é o que pasa con este, ademas que para eso está o club de lectura, para ler e comentar os libros e descubrir o teu gusto. O libro trata dun neno chamado Román ao que lle gusta moito cociñar. Polo seu décimo aniversario pidelle ós seus pais un curso de cociña, pero... que será o que lle traerán?Eu llo recomnendo a xente a que lle gusta ler sobre o inframundo.
Agora estamos lendo un libro chamado Corazón de tinta, é polo de agora a min estame gustando moito, é o máis largo dos que lemos, terá unhas.. seiscentas e pico páxinas e eu xa vou pola oitenta e seis faltame moito, pero dame igual, xa que se non ata que polo meu aniversario me regalen un libro non teño nada que ler.
.gif)