ANDREA CASTRO

UNHA PINGA ALGO ESPECIAL...

Pai: Maruxa, querida, pásame un pano ou algo, que me acaba de caer unha pinga na cabeza.
Nai: Unha pinga? Seica toleaches? De onde ía saír unha pinga? Non, se ti con tal de dar que falar non sabes que dicir...
Pai: Non o cres, eh? Mira, mira!
Fillo: Papá, papá! Parece que a pinga está rindo!
Nai: Cala, neno! Senta e come!
Fillo: Pero se é verdade...
Nai: Díxenche que cales! E ponte a comer dunha vez!
Nai: Nena, colle o papel secante do escritorio e sécalle esa pinga antes de que se afogue.
Pinga: Por favor, non me sequen!
Pai: Que dis?
Filla: Eu non dixen nada. É a pinga... É a pinga quen fala!
Nai: Como vai falar unha pinga?!
Pinga: Non quero que me sequen.
Nai: Corre Luchiño, vai chamar a prensa..., a radio..., a televisión..., o señor cura párroco... Isto é extraordinario!
Pai: E ti cres que a xente che vai crer?
Nai: Claro, e como non?
Filla: Mira que eres mamá...
Fillo: Pois a min gústame a idea. Así podemos saír na televisión e os meus amigos me envidiarán. E ademais... se digo que estou solteiro, e dou o meu número, non deixará de soar!
Pai: Ti coma a túa nai! Sempre soñando con ser famoso! É a mesma historia de todos os días!
Nai: Vale, vale! Non berres, tanto que aínda que non o creas, escupes ao berrar.
Filla: Temos que facer algo de inmediato!
Pinga: Os meus pais andan polas augas subterráneas.
Filla: Pois xa está! Tirámoste polo retrete.
Pinga: Paréceme unha boa idea.
Nai: Bo viaxe, e non nos volvas molestar.
Pinga: Adeus!
Todos: ADEUS!

revisar pronome